ATA A PRÓXIMA!
Esta semana finalizou a edición do Campamento Urbano de Verán “Non hai Planeta B” en Vilagarcía de Arousa, nos colexios de Arealonga e O Piñeiriño.
Ao longo desta semana as nenas e os nenos de Vilagarcía de Arousa seguiron traballando na concienciación sobre o coidado do noso planeta e a nosa pegada ecolóxica, dándolle vida a materiais reciclados a través de obradoiros como a creación do noso coche, co que levamos a cabo un taller de educación vial. Tamén fixemos un taller de hábitos saudables, coñecendo a pirámide alimenticia, realizando unha asemblea para mellorar os nosos hábitos de vida.
Por último, pero non por iso menos importante, tamén fixemos un taller de ciencia, falando sobre científicas galegas e realizando un experimento: o noso volcán.
Esperamos voltar pronto, ata a próxima!

Os Seres Vivos

Continuamos unha semana máis no Campamento Urbano de Verán “Non hai Planeta B” en Vilagarcía de Arousa, nos colexios de Arealonga e O Piñeiriño.
Esta semana as nenas e os nenos de Vilagarcía coñeceron a importancia dos seres vivos que habitan no noso planeta, especialmente das abellas, facendo unha asemblea e un obradoiro no que fixeron a súa propia abella con materiais reciclados.
Tamén realizaron diversos obradoiros nos que elaboraron libélulas, medusas e barcos de papel.
Por último, pero non por iso menos importante, cabe destacar a realización dun taller de igualdade e un gran xogo de pistas.
Enerxías renovables
Continuamos unha semana máis no Campamento Urbano de Verán “Non hai Planeta B” en Vilagarcía de Arousa, nos colexios de Arealonga e O Piñeiriño.
Esta semana as nenas e os nenos de Vilagarcía seguiron gozando de xogos de concienciación como “Terra, mar e aire”, “Deforestación” e “Xeo e auga”, facendo fincapé no coidado do noso planeta, realizando obradoiros de enerxías renovables e consumo responsable mediante murais e xincanas, empregando materiais naturais e reciclados. Ademais levouse a cabo un taller de igualdade no que as nenas e os nenos fixeron unha noticia empregando linguaxe inclusiva.

Reciclando: unha nova vida

Seguimos unha semana máis no Campamento Urbano de Verán “Non hai Planeta B” en Vilagarcía de Arousa, nos colexios de Arealonga e O Piñeiriño.
Esta semana as nenas e os nenos de Vilagarcía seguiron realizando experimentos medioambientais como o termómetro caseiro.
Ademais fixeron obradoiros de obxectos reciclados como o móbil da Terra, unha rá de xoguete, un león con materiais naturais e unha árbore de cartón.
Esta semana tamén falamos das avoas e dos avós, lembrando xogos tradicionais como a rá, o peletre ou a petanca.
A Nosa Estrela: O Sol
Voltamos unha semana máis no Campamento Urbano de Verán “Non hai Planeta B” en Vilagarcía de Arousa, nos colexios de Arealonga e O Piñeiriño.
Esta semana as nenas e os nenos de Vilagarcía seguiron realizando actividades de concienciación ambiental, como o consumo responsable de enerxía na casa e as consecuencias do efecto invernadoiro, facendo un obradoiro sobre as estrelas no que se elaborou un mural do Sol e un forno solar, podendo apreciar a través del a enerxía calorífica das estrelas.
Tamén cabe destacar a realización de obradoiros de saúde emocional, de igualdade e de relaxación e ioga.

Non hai Planeta B

Comezamos no Campamento de Verán “Non hai Planeta B” en Vilagarcía de Arousa, cheas e cheos de enerxía e de ganas de aprender como coidar o noso planeta.
Tanto en Arealonga coma en O Piñeiriño, as nenas e os nenos de Vilagarcía deron comezo a este campamento de verán realizando actividades de concienciación medioambiental, e coñecemento do noso planeta, tales como a presentación da temática onde fixeron un mural, obradoiros: “o noso planeta ideal”; “enerxías renovables” e xogos cooperativos como “o desxeo dos glaciais”.