VIAXANDO COA IGUALDADE EN TAPIA
Durante estes últimos días de agosto atópase un ano máis na bibliopiscina de Tapia o recuncho de “Viaxando coa Igualdade”, unha mochila viaxeira cargada de libros para diferentes idades, todos eles cunha temática que aborda a igualdade, inclusión, roles e estereotipos, e cos que tanto maiores coma pequen@s poderán reflexionar sobre valores moi necesarios para conseguir unha sociedade igualitaria.
Ademais seguimos desfrutando de largas sesión de xogos de mesa, diversas lecturas, obradoiros de pulseiras e moito entretemento para os máis peques.
E non vos esquezades! Este último sábado de agosto vinde tod@s a desfrutar da festa de clausura das bibliopiscinas. Alí estaremos con moitas sorpresas!