XOGOS DO NADAL
Vimos de rematar o Campamento urbano de Nadal de Vilagarcía, este ano coa temática de “Xogos do Nadal”. Ao longo de oito xornadas nenas e nenos de 3 a 7 anos disfrutaron de moitos xogos diferentes, obradoiros de Nadal, tradicións e celebracións destes días e saídas. Velaiquí un pequeno resumo destas dúas semanas de actividades:
Xogos:
co xogo, actividade por excelencia da infancia, nenos e nenas experimentan, aprenden, comprenden a realidade que os rodea, liberan tensións, desenvolven a súa imaxinación, enxeño…, é polo tanto unha ferramenta indispensable para o seu desenvolvemento. Estas xornadas no Campamento tivemos os seguintes xogos:
- Xogos cooperativos e Xogos exteriores.
- Xogos populares.
- Xogos do mundo.
- Xogos de mesa.
Obradoiros, celebracións e tradicións do Nadal:
Entre as celebracións e tradicións destacamos:
- Celebración de Fin de ano, tradicións doutras culturas.
- Visita das Carteiras reais.
- Visita ao Belén de Valga.
Como obradoiros tivemos:
- Obradoiro de Papá Noel.
- Obradoiro de árbore de Nadal.
- Obradoiro de Xogos (memory cards e tres en raia).
- Obradoiro interxeracional na Residencia Divina Pastora (árbore de Nadal e adornos).
Un saúdo para todos os nenos e nenas participantes, e moitas grazas pola vosa ilusión e o voso entusiasmo nestas datas do Nadal.