REMATA O CAMPAMENTO DE NOIA E POR FIN VEMOS O SOL
Esta semana estamos aproveitando que sae o sol para poder facer moitos xogos ao aire libre e sobre todo xogar ca auga que tanto lles gusta, tamén nos despedimos da actividade de Zumba que ten moito éxito xa que o pasan moi ben bailando, fixemos a última excursión á praia, esta vez fomos á praia de Broña onde o pasaron moi ben facendo castelos na area e mollándose un pouco.
Para rematar iremos todos e todas disfrazados e disfrazadas de piratas e faremos unha gran busqueda do tesouro pola vila de Noia.
Agardamos que o pasaran moi ben este mes e medio e que para o ano volvamos a vernos.
DISFRUTADE DO QUE QUEDA DE VERÁN

O CAMPAMENTO URBANO DE NOIA EMPEZA AGOSTO CON CAMBIOS

Nesta última quenda trasladámonos para o Pavillón de Alonso Rodríguez, os nenos e nenas aprenderon pronto as novas normas que temos para este novo sitio.
O tempo sigue sen acompañarnos moito pero seguimos xogando moito, aprendendo a coidar o planeta e coñecendo os arredores de Noia.
Seguimos cas clases de Zumba e Bodyjump que organiza o Concello e cas actividades que teñen programadas os e as monitoras do Campamento, como poden ser Busquedas do Tesouro, unha gran oca, debuxos en material reciclado, xogos de estratexia e aprendendo un pouco de linguaxe de signos.
Esperemos que a última semana veña o sol e si CHOVE, QUE CHOVA!
REMATA A SEGUNDA QUENDA EN NOIA
Esta última semana as crianzas de Noia puderon disfrutar dun dia de praia ainda que non foi un dia soledo disfrutaronno moito. Tamén camiñaron moito, os e as mais peques fixeron unha ruta ata a praia da Barquiña e os máis grandes foron ata a Barquiña donde fixeron xogos tradicionais.
Para rematar esta quenda faremos unha Festa Rockeira donde os e as máis maiores faran un gran xogo para coñecer máis a Vila de Noia e os e as peques faran xogos de habilidade.
Os e as monitoras disfrutaron moito deste mes de Xullo con todas as criazas do Campamento.

O MAL TEMPO NON PODE CO CAMPA DE NOIA

O sol resístese para saír, esta semana non podemos facer os xogos de auga que tanto lle gustan aos nenos e nenas do Campamento de Noia pero seguimos adiante cas actividades programadas. Como comezamos unha nova quenda estes días estivemos con xogos de presentación, xogos con material reciclado. Os e as máis maiores foron de ruta ata Pedrs Cha e os e as peques do grupo estiveron facendo circuítos de psicomotricidade. Tamén estiveron participando na actividade que fai o Concello de Zumba kids e acabaremos a semana con máis xogos e participando nun tobogán inchable que vai a poñer o concello na Alameda de Noia.
DE FESTA EN FESTA
Aquí seguimos unha semana máis no campamento de Noia! Acabamos a primeira semana por todo o alto con xogos e un tobogán de auga, xa vos podedes imaxinar o ben que o pasaron. Outra vez empezamos con mal tempo, pero iso non impediu que as crianzas o pasaran ben.
Para comezar estivemos xogando no pavillón, pero despois tivemos zumba no exterior, as crianzas máis pequenas foron ao paseo marítimo e o mais maoires foron de ruta a Testal. Como podedes ver aquí non perdemos o tempo, e para continuar…fixemos unha excursión a praia!!!
E para rematar esta primeira quenda tivemos a nosa propia festa horteira! Pero antes da festa tocou facer a misión imposible por equipos recorrendo Noia para acabar o día cos xogos de agua e o tobogán que tanto lles gusta.

O CAMPAMENTO DE NOIA EN MARCHA

Este luns 5 de Xullo comezou, un ano máis, o Campameto Urbano de Noia con 100 nenas e nenos.
Están a ser uns días chuviosos pero iso non impide que as nosas nenas e nenos xoguen, salten e bailen moito coa actividade de Zumba Kids que organiza o Concello.
Esperemos que o tempo mellore para saír á rúa a facer xogos con auga que xa temos ganas de mollarnos un pouco!