Entradas

VIAXANDO COA IGUALDADE

Esta semana nas bibliopiscinas creamos un novo espazo itinerante, é dicir, vai estar nas tres instalacións (Milladoiro, Tapia, Betamiráns). ¿ De que trata? Dunha serie de libros na cal a súa temática abordan a igualdade, pretendemos con estos libros ensinar e axudar de forma sinxela e entretida aos usuarios valores necesarios para conseguir un mundo completamente igualitario.

Lendo aprendemos a ser iguais.

Esta semana, do luns 31 de xullo ao venres 4 de agosto, os libros están na Bibliopiscina de Milladoiro.

 

ENREDANDO NA BIBLIOPISCINA

Moi boas amigas e amigos! saludámosvos desde a bibliopiscina do Milladoiro. Esta primeira quincena do mes de xullo  foi un non parar de facer obradoiros, xogos e tamén leer contos. Entre as cousas que realizaron estes pequenos e pequenas artistas que se deixaron caer na bibliopiscina, entre chapuzón e chapuzón, foron uns orixinais lapiceiros con rolos de papel hixiénico, e ben bonitos que nos quedaron. Mirade, mirade para a foto.

¿QUÉ PASARÁ A SEGUINTE SEMANA? Seguide atentos e atentas….

Bibliopiscina Ames 2017

IMG-20170705-WA0009Desde o  día 1 de xullo en Tapia, e o día 3 en Bertamiráns e Milladoiro demos o pistoletazo de saída as diferentes biblipiscinas coas que conta o concello de Ames.
Servizo destinado a toda a poboación infantil e mais xuvenil que se pase polas devantidas instalacións.Asique entre chapuzón e chapuzón,deixate caer por alí e faremos talleres,xogos,manualidades,animación á lectura….un montón de actividades moi divertidas.
Estaremos os meses de xullo e agosto en horario de 16:00 a 20:00 horas, no Milladoiro e Bertamiráns de luns a venres, e en Tapia de martes a domingo.
NON O DUBIDES,ESPERÁMOSTE!!!!!

LER,XOGAR E NADAR

O pasado luns 4 de xullo deu comezo as Bibliopiscina de Bertamiráns. A súa duración prolongarase os meses de xullo e agosto en horario de 16:00 horas a 20:00 horas.

O servizo de Bibliopiscina é gratuíto,tanto para nais, pais,nenas e nenos. Ofrece diariamente obradoiros, contacontos, debuxos,xogos….sen esquecernos dos adultos aos cales tamén ofrece prensa, xogos de mesa, e préstamos de libro a toalla ou no mesmo recinto da Biblipiscina.

Si vas ata a piscina de Bertamiráns achégate ata a zona da Bibliopiscina a facernos unha visita,de seguro valera a pena e te DIVERTIRÁS E DISFRUTARÁS!!