3,2,1: ESCULTURA
Moi boas familias! Neste segundo día no colexio Monte dos Postes o alumnado tivo a oportunidade de explorar o extraordinario mundo da escultura.
En primeiro lugar falamos sobre que é a escultura e que esculturas coñecemos na nosa contorna, logo realizamos un obradoiro no cal explotaron toda a súa creatividade realizando a súa propia escultura, e comprobamos que son uns grandes artistas. Rematamos a mañá: saltando, movéndonos e correndo peroooo cando paraba a música había que quedar quietos e quietas como estatuas.
Sen dúbida, foi unha mañá chea de diversión na cal aprendemos mentres pasamos grandes momentos.






Estes días de Semana Santa, no Concello De Santiago de Compostela disfrutaron dun xeito distinto das vacacións e pasaron unhas mañáns moi entretidas, co campamento que se realizou no Colexio Raíña Fabiola.