CONCILIACIÓN DE SEMANA SANTA 2018 “CEIP FONTIÑAS” CONCELLO DE SANTIAGO

Esta Semana Santa, no CEIP de Fontiñas, realizamos un montón de actividades e xogos que fixeron que todas as nenas e nenos participantes o pasaran moi ben. Xogos de paracaídas; “Tiburón e pescadores”, “O rato e o gato”, “Quen é quen”,… Divertímonos facendo sombras chinesas, creando distintos sons coas nosas mans, xogos musicais,… En canto os talleres, realizamos modelaxes básicos e esculturas 3D, taller de Dactilopintura, construímos un instrumento musical e demos un “conciertazo”, reciclamos botellas de plástico transformándoas en macetas nas que plantamos unhas semilliñas,…

Como vedes, estivemos moi ocupadas e ocupados. Foi fantástico estar coas nenas e nenos de Santiago esta Semana Santa. Ata próxima.